martes, 7 de abril de 2020

MANDALA II

Lembrades o  mandala de Anna Llenas que vos propuxen para  colorear?
Mirade algunhas das versións dos vosos compañeiros e compañeiras!




E estas compañeiras compártennos estes da súa propia elección!




 E Xiana quere nos manda as fotos dos mandalas da súa bisa que son nivel experta!



lunes, 6 de abril de 2020

DESAPRENDER II

Na primeira entrada a este blogue pedinvos que investigásedes porqué elixín este nome e non outro. Eu xa sabía que só era cuestión de tempo que désedes coa resposta adecuada. Pero mira que sodes listos e  ben sintonizados con esta  profe!






RECEITAS DE CORENTENA II

Estou convencida que deste confinamento nas nosas casas imos sacar moitas cousas positivas e algún que outro quilo de máis..
Miúdas cociñeiras e cociñeiros están a saír á luz!
Moitas grazas a Sofía e a súa familia por esta deliciosa receita de galletas de avea.



viernes, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Esta entrada é para lembrarvos que a partir de mañá e ata o 14 de abril estamos de vacacións de Semana Santa e por tanto non vos propoñerei novas tarefas ata que este período finalice.
Gozade todo o que poidades destas vacacións tan caseiras!

Por certo se vos gustou esta imaxe que acabo de facer para vós Por que non vos animades a probar e facer as vosas propias na seguinte ligazón? É moi fácil!
https://wordart.com/

jueves, 2 de abril de 2020

MANDALAS

Os  mandalas teñen a súa orixe na India e a palabra significa círculo ou aquilo que rodea a un centro.  

Visualmente trátase dun conxunto de figuras xeométricas que adoitan representar as características do universo e utilízanse desde hai séculos como punto para concentrar a meditación.

Nos últimos tempos os expertos déronse conta de que ademais dun símbolo espiritual e ritual, tamén poden utilizarse na educación dos nenos xa que teñen múltiples beneficios:

* Axuda ao neno para potenciar a súa capacidade de atención e concentración.

* Fomenta o control e o dominio do corpo, sobre todo da  motricidad fina o que favorece a capacidade de escritura, debuxo, de manipular obxectos...

* Desenvolve a paciencia:  colorear un  mandala require de tempo, tranquilidade e, sobre todo, paciencia para ir dando cor ás múltiples formas e figuras do seu interior.

* Estimulan a creatividade e a imaxinación do neno.

* Axudan á formación da intelixencia e o razoamento.

Baixa o nivel de tensión, ademais durante o tempo que o neno pinta un  mandala pódeselle poñer música de fondo para que o efecto relaxante e  calmante sexa aínda maior.

* Anima aos nenos para superar retos e desafíos.

Vendo todos os beneficios que podemos obter  coloreando  mandalas, que vos parece facelo con este creado pola gran ilustradora Anna Llenas? 
Ademais nos serve de recoñecemento ao labor que tantos profesionais están a realizar por nós e en contra do "coroa malo".

FRACCIÓNS

A semana antes de irnos para casa a traballar, estivemos a aprender que era iso das fraccións, aquí tedes un vídeo para manipular fraccións con  regletas, as miñas quedáronme en clase pero sei que moitos de vós tédelas en casa, os que non, vede a explicación igual porque vos vai axudar a entendelo mellor.




Tamén vos deixo unha pequena "costeleta" en papel para repaso.



E para non esquecernos,  que vos parece se practicades con este caderno? Podedes imprimilo se o queredes ou facer os exercicios no voso de matemáticas e cando os acabedes, podédesme mandar situacións da  vida normal nas que utilizamos as fraccións?



miércoles, 1 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA

A semana pasada pedíavos que compartísedes as vosas habilidades na cociña. 

Sabemos por cando estudamos os tipos de alimentos que da súa boa elección á hora de alimentarnos, vai depender tanto a nosa saúde actual como a futura, e se algo me deixastes claro, é que a lección a tedes ben aprendida. 

Mirade que receitas máis ricas e que cociñeiros e cociñeiras tan preparados temos! Moitas grazas pola vosa colaboración familias! Sen vós todo isto sería imposible!






E aínda por riba,  Fixádevos que vídeo mais chulo mandounos Dani!