Mostrando entradas con la etiqueta manipulando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manipulando. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de mayo de 2020

O MAR NO CAMIÑO II

Imos co segundo personaxe do libro https://omarnocamino.org/libro/omarnocamino.html "A xarda Laura"
A xarda é un peixe que vive preto de nós propóñoche que investigues sobre el; e non te esquezas que na familia ás veces tedes as mellores fontes de investigación.

E chegou o momento da arte do origami, o teu produto final deberá ser algo parecido a isto:



Para facelo está atento/a ás instrucións:


jueves, 21 de mayo de 2020

FLIPBOOKS II

Acordádesvos da proposta da semana pasada para facer un  Flipbook?
Pois Sofía e  Adri mandáronnos os seus vídeos cos que fixeron.
Mirade que chulos!



lunes, 18 de mayo de 2020

"O MAR NO CAMIÑO"

Iniciamos unha nova proposta que desenvolveremos ao longo das próximas semanas. 

“O Mar no Camiño” é un proxecto de FUNDAMAR (Fundación para a pesca e o marisqueo) que ten por obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de difusión da cultura mariñeira, en centros educativos, ao longo do Camiño de Santiago, e que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.


O Camiño de Santiago é un roteiro que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, normalmente faise a pé pero nesta ocasión realizarémolo virtualmente por mar.

A través do conto pararemos en diferentes localidades mariñeiras e propoñerállenos a realización dunha manualidade feita coa técnica da papiroflexia,  realizarémolas todas e gardaremólas para cando rematemos a viaxe compoñer unha exposición das vosas obras de arte con todas elas no cole.
Iniciamos pois a viaxe lendo o conto.

https://omarnocamino.org/libro/omarnocamino.html

No relato do conto, presta hoxe especial atención á personaxe protagonista, a vieira Migueliña e contesta as seguintes preguntas e despois investiga:
Proposta artística: elaboración de cunchas de vieira coa técnica de origami, onde cada un de vós elaborará  varias con  follas de papel cadrado seguindo a demostración do vídeo  e executando os pregues un a un.


Co conxunto de todas as cunchiñas, procédese ó pegado nunha cartolina, imitando a parede da ermida investigada, empezando por orde ascendente de abaixo a arriba, facendo liñas de esquerda a dereita.



*E como todas as semanas clicando sobre a ligazón accederedes ao traballo en fichas para esta semana:




miércoles, 13 de mayo de 2020

ARTE CO NOME II

Lembrades a actividade que nos propuxo Sofía a semana pasada de facer arte cos nosos nomes?
Pois aquí tedes os resultados!


Naroa mándanos un video coa súa explicación.







Adivinades os nomes?

E Fuco dá un xiro e fainos outra proposta!


lunes, 11 de mayo de 2020

FLIPBOOK

Hai moitos tipos de libros, grandes, pequenos, de medo, de aventuras, ilustrados..
Este ano o Salón do libro de Pontevedra é virtual e proponnos esta actividade para facer un "Flip-Book que vos vai flipar! Quen se anima?


Hoxe é luns polo tanto toca compartir convosco a tarefa en fichas para esta semana, coma sempre non é necesario imprimir, poden facerse na libreta.




martes, 5 de mayo de 2020

ARTE CO NOME

Esta semana a nosa compañeira Sofía facíanos chegar esta preciosa actividade realizada co seu nome e o dos seus irmáns Mateo e Lucas.
Que vos parece se nos animamos e realizámola cada un co seu nome para despois compartilo?






Neste video explícanos como facelo!
Moitas grazas Sofía!


CREANDO HISTORIAS II

Lembrades a actividade que vos propuxen a semana pasada de elaborar unha historia, conto, noticia...Con personaxes realizados con papel encartado?
Pois hoxe toca ver as marabillosas creacións dos vosos compañeiros/ as!







Esta historia de animais "parlantes" é de Naroa.



Sofía creou esta nova para compartir connosco!



Mirade tamén a historia creada por  Óscar!





E ista é a de Tania!


E a continuación a historia de Daniela



Parabéns! Eu xa miro por aquí aos cineastas e escritores do futuro! Moitas grazas tamén as familias-cámara pola súa complicidade!

Aviso importante para todos/as!
Aínda que vos dixen que teríades tarefa de inglés os martes e xoves ao final a teacher Fátima díxome que estaba equivocada(eu). Serán os xoves de cada semana cando deberedes realizar a tarefa de inglés!😅




jueves, 30 de abril de 2020

TRES EN RAIA

Para aprender e repasar as táboas de multiplicar non hai mellor cousa que xogar. 
Animádevos a facelo con este xogo tan ben explicado!



E hoxe xoves non esquezades que vos toca inglés no blog da teacher Fátima!
Preme na imaxe para acceder


martes, 28 de abril de 2020

CREANDO HISTORIAS

Joaquín Torres García dicía que o mellor xoguete para un neno é un anaco de barro, por iso propoñía materiais comúns da nosa vida como: o papel, o cartón, a chapa de ferro, as pedras... Para transformalos en arte.



O Instituto Valenciano de Artes Modernas (IVAM) propón unha actividade de creación de figuras a través do encartado de  cartolina ou cartóns de envases que teñamos por casa.







A partir deses personaxes propóñovos unha actividade para que poidades ir elaborando aos poucos, durante esta semana.

A actividade consistirá na creación dunha historia, conto, noticia...  Escrita en língua galega, seguindo os seguintes pasos :

* Realización dás figuras, o número dependerá da historia que querades contar, podedes seguir estas  instruccións para realizalos:
https://drive.google.com/file/d/1Al-qPvm2Dcwq_AVqYEleUvA6hrau__VH/view?usp=sharing

*Escribe unha historia na que eses personaxes que creaches forman parten dela, podes utilizar este esquema.
https://drive.google.com/file/d/1hlAuosPeHWMkqVOWGUOXB3jese6NvR9o/view?usp=sharing

*Crea composicións con  eses personaxes que che sirvan  de ilustración do teu conto.



* Mándame fotos ou vídeos do resultado para que poida compartir as vosas creacións.

martes, 14 de abril de 2020

ENIGMA

Un enigma é unha frase ou cousa que ten un significado ou un sentido oculto e que é difícil de comprender ou interpretar.

Este que vos propoño resolver esta semana foi creado por Albert Einstein, un gran científico, se queredes saber máis del visitade esta ligazón:
https://www.mundoprimaria.com/ciencia-para-ninos/einstein-para-ninos.html

Podedes realizalo en familia! E avísovos que non é nada fácil, pero si, un bo exercicio de comprensión e lóxica para todos.





Podedes descargar o documento e imprimilo para manipular co xogo na seguinte ligazón






martes, 7 de abril de 2020

EXPERIMENTANDO II

O mundo científico está nunha carreira por conseguir a vacina contra este virus que nos mantén sen saír de casa, e eu estou moi contenta, porque vexo que eses científicos e científicas, poden ser no futuro, nenos e nenas da nosa clase.

Atentos! Experimentamos con...












E como eu creo que o agradecemento é unha virtude e unha boa forma de ir pola vida, quero dar as grazas a unha gran profesora e amiga, Ana  Valuja,  sen a cal este blog non sería posible. Afortunados que somos neste cole de tela de  profe !

lunes, 6 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA II

Estou convencida que deste confinamento nas nosas casas imos sacar moitas cousas positivas e algún que outro quilo de máis..
Miúdas cociñeiras e cociñeiros están a saír á luz!
Moitas grazas a Sofía e a súa familia por esta deliciosa receita de galletas de avea.



jueves, 2 de abril de 2020

FRACCIÓNS

A semana antes de irnos para casa a traballar, estivemos a aprender que era iso das fraccións, aquí tedes un vídeo para manipular fraccións con  regletas, as miñas quedáronme en clase pero sei que moitos de vós tédelas en casa, os que non, vede a explicación igual porque vos vai axudar a entendelo mellor.




Tamén vos deixo unha pequena "costeleta" en papel para repaso.



E para non esquecernos,  que vos parece se practicades con este caderno? Podedes imprimilo se o queredes ou facer os exercicios no voso de matemáticas e cando os acabedes, podédesme mandar situacións da  vida normal nas que utilizamos as fraccións?



miércoles, 1 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA

A semana pasada pedíavos que compartísedes as vosas habilidades na cociña. 

Sabemos por cando estudamos os tipos de alimentos que da súa boa elección á hora de alimentarnos, vai depender tanto a nosa saúde actual como a futura, e se algo me deixastes claro, é que a lección a tedes ben aprendida. 

Mirade que receitas máis ricas e que cociñeiros e cociñeiras tan preparados temos! Moitas grazas pola vosa colaboración familias! Sen vós todo isto sería imposible!






E aínda por riba,  Fixádevos que vídeo mais chulo mandounos Dani!


martes, 31 de marzo de 2020

EXPERIMENTANDO

Durante algunhas semanas no cole, antes que o coroa-malo mandásenos a todos para casa, no punto de arte, preparamos a nosa mesa de experimentos porque decidimos que nos gustaría poñela en marcha no noso punto de observación e experiencias. 

Algunhas compañeiras prepararon na  casa e despois compartiron con todos nós os seus experimentos, unha forma estupenda de mellorar as nosas competencias para aprender a aprender, científica e en comunicación lingüística.

Propóñovos que durante esta semana preparedes en casa algún experimento e mandédesme un vídeo para que despois podamos velo e aprender todos, case como o facíamos estando no cole. Lembrade que debedes tamén escribilo para seguir ben as instrucións se decidimos probar na casa.

E mentres esperamos os novos experimentos aí vanvos os vídeos gravados no cole.












miércoles, 25 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (IV): PUNTOS DE APRENDIZAXE

E rematamos cos recordos do que publicamos este curso no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Nesta entrada recordamos diferentes propostas que realizamos nos diferentes puntos de aprendizaxe. Recordade que podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 

*PUNTOS DE APRENDIZAXE EN 3º

*PUNTO DE LÓXICA-MATEMÁTICA EN 3º



*AS REGLETAS 

* PUNTO DE ESCRITURA E DE LECTURA

*PUNTO DE ARTE