Este curso termina e nel non nos dará tempo a acabar o traballo que empezamos coas propostas do material de FUNDAMAR sobre "O mar non camiño". Se vos apetece ver ou facer máis cousas das que eles propoñen podedes visitar a súa web
A xarda é un peixe que vive preto de nós propóñoche que investigues sobre el; e non te esquezas que na familia ás veces tedes as mellores fontes de investigación.
E chegou o momento da arte do origami, o teu produto final deberá ser algo parecido a isto:
A semana pasada expúxenvos un problema cunha factura nunha pizzería... Acordádesvos? Faltaban datos para resolvelo, que vós debiades inventarvos. Algúns compañeiros fixérono de forma xenial elaborando os importes dos platos da carta.
Nesta corentena a Dani e Lucía entre outras cousas deulles por escribir historias, descricións redaccións, contos... Mándanmas para que as comparta con todos vós.
Animádevos a escribir e mandarme as vosas!
E a Dani aínda lle queda tempo para facer mega- quebracabezas en familia!
Iniciamos unha nova proposta que desenvolveremos ao longo das próximas semanas.
“O Mar no Camiño” é un proxecto de FUNDAMAR (Fundación para a pesca e o marisqueo) que ten por obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de difusión da cultura mariñeira, en centros educativos, ao longo
do Camiño de Santiago, e que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.
O Camiño de Santiago é un roteiro que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, normalmente faise a pé pero nesta ocasión realizarémolo virtualmente por mar.
A través do conto pararemos en diferentes localidades mariñeiras e propoñerállenos a realización dunha manualidade feita coa técnica da papiroflexia, realizarémolas todas e gardaremólas para cando rematemos a viaxe compoñer unha exposición das vosas obras de arte con todas elas no cole.
No relato do conto, presta hoxe especial atención á personaxe protagonista, a vieira Migueliña econtesta as seguintes preguntas e despois investiga:
Proposta artística: elaboración de cunchas de vieira coa técnica de origami, onde cada un de vós elaborará varias con follas de papel cadrado seguindo a demostración do vídeo e executando os pregues un a un.
Co conxunto de todas as cunchiñas, procédese ó pegado nunha cartolina, imitando a parede da ermida investigada, empezando por orde ascendente de abaixo a arriba, facendo liñas de esquerda a
dereita.
*E como todas as semanas clicando sobre a ligazón accederedes ao traballo en fichas para esta semana:
Como xa pasou unha semana desde que vos propuxen o enigma de Einstein, agora toca ver a solución á que algún dos os vosos compañeiros/as. Eu xa sabía que a listos non hai quen vos gañe!
Moitos de vós fixéstesme chegar o que vos gustou o primeiro capítulo do libro de Wonder de Raquel Palacios así que vos recomendo que cando poidades mercádelo e mentres podedes continuar a súa lectura na seguinte ligazón:
E ao rematar a lectura, correspondente a cada un dos protagonistas da historia, podedes facer as actividades que vos seleccionei da proposta orixinal do blogue www.afiestradamestra.gal