Mostrando entradas con la etiqueta punto de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta punto de lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2020

"O MAR NO CAMIÑO" TRABALLOS

Este curso termina e nel non nos dará tempo a acabar o traballo que empezamos coas propostas do material de  FUNDAMAR sobre "O mar non  camiño". Se vos apetece ver ou facer máis cousas das que eles propoñen podedes visitar a súa web  
Hoxe tócanos compartir o traballo dalgúns compañeiros/as. Moitas grazas mozos e mozas  polo voso esforzo!







miércoles, 27 de mayo de 2020

O MAR NO CAMIÑO II

Imos co segundo personaxe do libro https://omarnocamino.org/libro/omarnocamino.html "A xarda Laura"
A xarda é un peixe que vive preto de nós propóñoche que investigues sobre el; e non te esquezas que na familia ás veces tedes as mellores fontes de investigación.

E chegou o momento da arte do origami, o teu produto final deberá ser algo parecido a isto:



Para facelo está atento/a ás instrucións:


lunes, 18 de mayo de 2020

"O MAR NO CAMIÑO"

Iniciamos unha nova proposta que desenvolveremos ao longo das próximas semanas. 

“O Mar no Camiño” é un proxecto de FUNDAMAR (Fundación para a pesca e o marisqueo) que ten por obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de difusión da cultura mariñeira, en centros educativos, ao longo do Camiño de Santiago, e que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.


O Camiño de Santiago é un roteiro que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, normalmente faise a pé pero nesta ocasión realizarémolo virtualmente por mar.

A través do conto pararemos en diferentes localidades mariñeiras e propoñerállenos a realización dunha manualidade feita coa técnica da papiroflexia,  realizarémolas todas e gardaremólas para cando rematemos a viaxe compoñer unha exposición das vosas obras de arte con todas elas no cole.
Iniciamos pois a viaxe lendo o conto.

https://omarnocamino.org/libro/omarnocamino.html

No relato do conto, presta hoxe especial atención á personaxe protagonista, a vieira Migueliña e contesta as seguintes preguntas e despois investiga:
Proposta artística: elaboración de cunchas de vieira coa técnica de origami, onde cada un de vós elaborará  varias con  follas de papel cadrado seguindo a demostración do vídeo  e executando os pregues un a un.


Co conxunto de todas as cunchiñas, procédese ó pegado nunha cartolina, imitando a parede da ermida investigada, empezando por orde ascendente de abaixo a arriba, facendo liñas de esquerda a dereita.



*E como todas as semanas clicando sobre a ligazón accederedes ao traballo en fichas para esta semana:




jueves, 7 de mayo de 2020

RETO VIRUS I

Como xa sabemos, os virus pódennos complicar moito a vida!
Esta semana propóñovos un xogo,  para poder completalo necesitaredes poñer a lume de biqueira  a vosa capacidade de resolver operacións.
Para empezar clica sobre a imaxe e le con atención a historia.



Despois de ler a historia mira este vídeo que che explicará como se vai a desenvolver o xogo





Ou se o prefires aquí déixoche un documento cos pasos. 


Hai dous retos. O reto +, é un reto máis complicado só para os  máis atrevidos/as!
E aínda que non é necesario,  pódense baixar as fichas, ben para imprimilas e utilizalas ou simplemente para ver como deben resolverse os dous retos, pois dan unha pista visual de como facelo.


Chegou o momento de xogar! Estás preparado/a?


Recorda, cando chegue o momento, facer un  pantallazo e enviarmo!


E recordade que hoxe é xoves e toca inglés! Preme na imaxe para ir ao blog da teacher Fátima.



martes, 28 de abril de 2020

CREANDO HISTORIAS

Joaquín Torres García dicía que o mellor xoguete para un neno é un anaco de barro, por iso propoñía materiais comúns da nosa vida como: o papel, o cartón, a chapa de ferro, as pedras... Para transformalos en arte.



O Instituto Valenciano de Artes Modernas (IVAM) propón unha actividade de creación de figuras a través do encartado de  cartolina ou cartóns de envases que teñamos por casa.







A partir deses personaxes propóñovos unha actividade para que poidades ir elaborando aos poucos, durante esta semana.

A actividade consistirá na creación dunha historia, conto, noticia...  Escrita en língua galega, seguindo os seguintes pasos :

* Realización dás figuras, o número dependerá da historia que querades contar, podedes seguir estas  instruccións para realizalos:
https://drive.google.com/file/d/1Al-qPvm2Dcwq_AVqYEleUvA6hrau__VH/view?usp=sharing

*Escribe unha historia na que eses personaxes que creaches forman parten dela, podes utilizar este esquema.
https://drive.google.com/file/d/1hlAuosPeHWMkqVOWGUOXB3jese6NvR9o/view?usp=sharing

*Crea composicións con  eses personaxes que che sirvan  de ilustración do teu conto.



* Mándame fotos ou vídeos do resultado para que poida compartir as vosas creacións.

jueves, 23 de abril de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA

Como xa pasou unha semana desde que vos propuxen o enigma de Einstein, agora toca ver a solución á que algún dos os vosos compañeiros/as. Eu xa sabía que a listos non hai quen vos gañe!





jueves, 16 de abril de 2020

WONDER II

Moitos de vós fixéstesme chegar o que vos gustou o primeiro capítulo do libro de  Wonder de  Raquel Palacios así que vos recomendo que cando poidades mercádelo e mentres podedes continuar a súa lectura na seguinte ligazón:

E ao rematar a lectura, correspondente a cada un dos protagonistas da historia, podedes facer as actividades que vos seleccionei da proposta orixinal do blogue  www.afiestradamestra.gal 




Resto de actividades sobre as personaxes 

E agora, mirade como algúns compañeiros e compañeiras imaxínanse a  August!









E máis das vosas achegas...






miércoles, 15 de abril de 2020

ASTRO TRAPPIST-1

O outro día buscando tarefas  molonas para vós, atopei esta, que é unha proposta do blogue  http://www.afiestradamestra.gal/ 
Non nos deu tempo en clase a realizar un "Proxecto espacial" pero non vos preocupedes que se este curso non  podemos  desenvolvelo, farémolo se vos apetece, no próximo.
Mirade que interesante é o descuberto acerca deste astro e o seu sistema!

Lede con atención a noticia e despois facede as actividades propostas . 
https://drive.google.com/file/d/1mfZQPRLLSDzL2Ql5Y35cNvwSM5knYf53/view?usp=sharing

Lembrade que non é necesario que imprimades as follas, algunhas son actividades orais para que comentedes a noticia con alguén da vosa familia e as que son para realizar por escrito, podédelas contestar no voso caderno.

lunes, 6 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA II

Estou convencida que deste confinamento nas nosas casas imos sacar moitas cousas positivas e algún que outro quilo de máis..
Miúdas cociñeiras e cociñeiros están a saír á luz!
Moitas grazas a Sofía e a súa familia por esta deliciosa receita de galletas de avea.



miércoles, 1 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA

A semana pasada pedíavos que compartísedes as vosas habilidades na cociña. 

Sabemos por cando estudamos os tipos de alimentos que da súa boa elección á hora de alimentarnos, vai depender tanto a nosa saúde actual como a futura, e se algo me deixastes claro, é que a lección a tedes ben aprendida. 

Mirade que receitas máis ricas e que cociñeiros e cociñeiras tan preparados temos! Moitas grazas pola vosa colaboración familias! Sen vós todo isto sería imposible!






E aínda por riba,  Fixádevos que vídeo mais chulo mandounos Dani!


miércoles, 25 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (IV): PUNTOS DE APRENDIZAXE

E rematamos cos recordos do que publicamos este curso no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Nesta entrada recordamos diferentes propostas que realizamos nos diferentes puntos de aprendizaxe. Recordade que podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 

*PUNTOS DE APRENDIZAXE EN 3º

*PUNTO DE LÓXICA-MATEMÁTICA EN 3º



*AS REGLETAS 

* PUNTO DE ESCRITURA E DE LECTURA

*PUNTO DE ARTE