Esta semana propóñovos un xogo, para poder completalo necesitaredes poñer a lume de biqueira a vosa capacidade de resolver operacións.
Para empezar clica sobre a imaxe e le con atención a historia.
Despois de ler a historia mira este vídeo que che explicará como se vai a desenvolver o xogo
Ou se o prefires aquí déixoche un documento cos pasos.
Hai dous retos. O reto +, é un reto máis complicado só para os máis atrevidos/as!
E aínda que non é necesario, pódense baixar as fichas, ben para imprimilas e utilizalas ou simplemente para ver como deben resolverse os dous retos, pois dan unha pista visual de como facelo.
Chegou o momento de xogar! Estás preparado/a?
Recorda, cando chegue o momento, facer un pantallazo e enviarmo!
E recordade que hoxe é xoves e toca inglés! Preme na imaxe para ir ao blog da teacher Fátima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario