Mostrando entradas con la etiqueta puntos de aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta puntos de aprendizaxe. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2020

"O MAR NO CAMIÑO" TRABALLOS

Este curso termina e nel non nos dará tempo a acabar o traballo que empezamos coas propostas do material de  FUNDAMAR sobre "O mar non  camiño". Se vos apetece ver ou facer máis cousas das que eles propoñen podedes visitar a súa web  
Hoxe tócanos compartir o traballo dalgúns compañeiros/as. Moitas grazas mozos e mozas  polo voso esforzo!







miércoles, 27 de mayo de 2020

CREBACABEZAS

Laura e Xurxo teñen o seguinte crebacabezas e Xurxo contou as pezas dunha nunha ata contar 300 pezas.


Laura o fixo doutra forma, mira o que se lle ocorreu!
Está ben feito?
Agora anímache a facelo ti nos seguintes crebacabezas,   intenta non utilizar nin a forma de Xurxo nin a de Laura e explica o proceso que seguiches.


E recordade que hoxe é xoves e tedes a proposta de traballo da teacher Fátima no seu blog:



martes, 26 de mayo de 2020

RETOS MATEMÁTICOS

Para hoxe propóñovos dous retos matemáticos sacados de:
Seguro lle daredes solución!




* Recordade o significado dos símbolos:
+ sumar
- restar
x multiplicar
/, : dividir



viernes, 22 de mayo de 2020

PIZZERÍA II

A semana pasada expúxenvos  un problema cunha factura nunha pizzería... Acordádesvos? Faltaban datos para resolvelo, que vós debiades inventarvos. Algúns compañeiros fixérono de forma xenial elaborando os importes dos platos da carta.


 Esta é de Óscar que  esqueceu de poñerlle o nome!
Pero mira que sodes listos!

E se queres traballar con fichas...


jueves, 14 de mayo de 2020

TRES EN RAIA II

Recordades o vídeo do xogo de tres en raia  da semana pasada?
Naroa coa colaboración da súa nai mándanos este video tan chulo coa súa versión.




Recordade que hoxe é xoves e toca inglés!


domingo, 3 de mayo de 2020

NÚMEROS NA CASA

Os números e as matemáticas forman parte da nosa vida. Nesta actividade propóñoche que adestres a túa vista para atopalos no teu ao redor.

Ademais hoxe luns propóñovos o traballo a través de fichas nas áreas de lingua castelá, lingua galega e matemáticas distribuídas por días da semana para os que preferides esta forma de traballo. 
Lembrade que os martes e xoves tamén teredes tarefa en lingua inglesa!

jueves, 30 de abril de 2020

TRES EN RAIA

Para aprender e repasar as táboas de multiplicar non hai mellor cousa que xogar. 
Animádevos a facelo con este xogo tan ben explicado!



E hoxe xoves non esquezades que vos toca inglés no blog da teacher Fátima!
Preme na imaxe para acceder


miércoles, 29 de abril de 2020

lunes, 20 de abril de 2020

MUNDO XURÁSICO

Hoxe comparto con todos/ as e a pedimento do seu autor, o noso compañeiro Fuco, a súa película, ambientada no  Xurásico e rodada durante o confinamento cos medios dispoñibles e a imaxinación e bo facer do seu director.

martes, 7 de abril de 2020

EXPERIMENTANDO II

O mundo científico está nunha carreira por conseguir a vacina contra este virus que nos mantén sen saír de casa, e eu estou moi contenta, porque vexo que eses científicos e científicas, poden ser no futuro, nenos e nenas da nosa clase.

Atentos! Experimentamos con...












E como eu creo que o agradecemento é unha virtude e unha boa forma de ir pola vida, quero dar as grazas a unha gran profesora e amiga, Ana  Valuja,  sen a cal este blog non sería posible. Afortunados que somos neste cole de tela de  profe !

martes, 31 de marzo de 2020

EXPERIMENTANDO

Durante algunhas semanas no cole, antes que o coroa-malo mandásenos a todos para casa, no punto de arte, preparamos a nosa mesa de experimentos porque decidimos que nos gustaría poñela en marcha no noso punto de observación e experiencias. 

Algunhas compañeiras prepararon na  casa e despois compartiron con todos nós os seus experimentos, unha forma estupenda de mellorar as nosas competencias para aprender a aprender, científica e en comunicación lingüística.

Propóñovos que durante esta semana preparedes en casa algún experimento e mandédesme un vídeo para que despois podamos velo e aprender todos, case como o facíamos estando no cole. Lembrade que debedes tamén escribilo para seguir ben as instrucións se decidimos probar na casa.

E mentres esperamos os novos experimentos aí vanvos os vídeos gravados no cole.












miércoles, 25 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (IV): PUNTOS DE APRENDIZAXE

E rematamos cos recordos do que publicamos este curso no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Nesta entrada recordamos diferentes propostas que realizamos nos diferentes puntos de aprendizaxe. Recordade que podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 

*PUNTOS DE APRENDIZAXE EN 3º

*PUNTO DE LÓXICA-MATEMÁTICA EN 3º



*AS REGLETAS 

* PUNTO DE ESCRITURA E DE LECTURA

*PUNTO DE ARTE

martes, 24 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (III): NA BIBLIO

Seguimos recordando entradas deste curso compartidos no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Aquí vos achego tres entradas que compartimos dende a biblioteca, porque os nenos e nenas de 3º non desaproveitamos ningún dos recursos de Arnaldo. Podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 
*WEDO DE LEGO


* O KAPLA EN 3º

* TRABALLANDO NA BIBLIO

lunes, 23 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (I): NA HORTA

No que levamos de curso xa publicamos varias entradas no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo, pero pensei deixalas por aquí por si alguén non as viu e así gardamos xuntos todos os recordos.

Aquí vos achego un par de entradas que compartimos sobre o traballo na horta. Podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 


*PREPARANDO A HORTA 

* PLANTANDO NA HORTA