martes, 31 de marzo de 2020

EXPERIMENTANDO

Durante algunhas semanas no cole, antes que o coroa-malo mandásenos a todos para casa, no punto de arte, preparamos a nosa mesa de experimentos porque decidimos que nos gustaría poñela en marcha no noso punto de observación e experiencias. 

Algunhas compañeiras prepararon na  casa e despois compartiron con todos nós os seus experimentos, unha forma estupenda de mellorar as nosas competencias para aprender a aprender, científica e en comunicación lingüística.

Propóñovos que durante esta semana preparedes en casa algún experimento e mandédesme un vídeo para que despois podamos velo e aprender todos, case como o facíamos estando no cole. Lembrade que debedes tamén escribilo para seguir ben as instrucións se decidimos probar na casa.

E mentres esperamos os novos experimentos aí vanvos os vídeos gravados no cole.












WONDER

Para hoxe martes 31 de Marzo do 2020 propóñovos unha lectura, o inicio dun libro espectacular recomendado por Arnaldo,  “ Wonder, a lección de  August” de  R. J Palacios (a algúns vos soará porque vimos a peli en valores).



Como estes días non ides poder saír á rúa para mercalo porque nos pecharon as librerías,  podedes ler desde aquí unha parte do primeiro capítulo.
https://issuu.com/gracielaesperon/docs/la_leccion_de_august_-_r._j._palacio__cap.1-p_gina

Despois da lectura propóñoche, se podes, que imprimas a folla coa silueta da cara e debúxaa tal e como ti imaxínasche ao noso protagonista, se non podes imprimilo Non te preocupes! Faino nun folio e mándame unha foto co resultado.

Xa me contaredes se vos gustou este primeiro capítulo e se vos gustaría seguir léndoo por aquí.

miércoles, 25 de marzo de 2020

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Este blog nace nun momento histórico: a corentena do coronavirus. Nun momento no que non podemos estar xuntos, este blog pretende ser un lugar de encontro e comunicación onde propoñer actividades, reflexións e propostas educativas. E no futuro, cando volvamos ao cole, ser unha ventá para as familias, que sempre estades convidadas a interactuar. 

O material que compartiremos xirará ao redor de 6 apartados nos que organizaremos a información:
1. EXPERIMENTANDO 
Todo o que teña que ver con Ciencias naturais e sociais. 
2. LENDO 
Actividades relacionadas coa lectura. 
3. MANIPULANDO 
Propostas matemáticas. 
4. FALADOIRO 
Noticias, comunicacións bidireccionais... Baseado na expresión oral. 
5. PALABREANDO 
Traballando a expresión escrita e os diferentes tipos textuais. 
6. CREANDO 
Actividades relacionadas coas Artes 

A medida que publiquemos poderedes acceder aos contidos de cada apartado premendo nas pestanas que hai na parte superior.


E mentres entre todos imos dando vida a este espazo, teño algunha pregunta que facervos:

Gústavos o nome do blog? Por que creedes que o elixín ? Sabedes o que significa esta palabra? Propóñovos un reto! Tratar de explicar coas vosas palabras que significa DESAPRENDER
Podedes buscar nun dicionario (lembrade que vos levastes o de aula) ou na internet (déixovos unha ligazón a un da Real Academia Galega na columna dereita deste blog) ou ben preguntarlle aos vosos pais, avós, tíos...Unha chamada de teléfono nestas circunstancias pode alegrar o día de calquera! 

Cando teñades a vosa definición facédesma chegar a través do correo profe.graciela.seixo@gmail.com Animádevos!

Sede creativos na maneira en que a mandades! Podería ser en forma de vídeo, en forma de manualidade... Sempre sodes os mellores á hora de sorprenderme!

Xa sabedes o que sempre vos digo: "Os meus nenos sempre son os mellores de todos o colexios nos que estiven", e non é polo que eu vos ensinos, é porque son unha profe moi suertuda!

Estou a esperar ilusionada as vosas respostas.  Bótovos moito de menos a todos/as! Bicos de cores da profe Graciela!

RECORDOS DE 3º (IV): PUNTOS DE APRENDIZAXE

E rematamos cos recordos do que publicamos este curso no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Nesta entrada recordamos diferentes propostas que realizamos nos diferentes puntos de aprendizaxe. Recordade que podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 

*PUNTOS DE APRENDIZAXE EN 3º

*PUNTO DE LÓXICA-MATEMÁTICA EN 3º



*AS REGLETAS 

* PUNTO DE ESCRITURA E DE LECTURA

*PUNTO DE ARTE

martes, 24 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (III): NA BIBLIO

Seguimos recordando entradas deste curso compartidos no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo.
Aquí vos achego tres entradas que compartimos dende a biblioteca, porque os nenos e nenas de 3º non desaproveitamos ningún dos recursos de Arnaldo. Podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 
*WEDO DE LEGO


* O KAPLA EN 3º

* TRABALLANDO NA BIBLIO

lunes, 23 de marzo de 2020

RECORDOS DE 3º (II)

Seguimos recordando entradas deste curso compartidas no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo. Aquí vos deixamos dúas actividades que fixemos na clase. Podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 

*INVESTIGANDO A GOTA FRÍA

* DÍA DA PAZ

RECORDOS DE 3º (I): NA HORTA

No que levamos de curso xa publicamos varias entradas no blog da biblio: As pegadas de Arnaldo, pero pensei deixalas por aquí por si alguén non as viu e así gardamos xuntos todos os recordos.

Aquí vos achego un par de entradas que compartimos sobre o traballo na horta. Podedes acceder a cada unha premendo nas fotos: 


*PREPARANDO A HORTA 

* PLANTANDO NA HORTA