jueves, 30 de abril de 2020

TRES EN RAIA

Para aprender e repasar as táboas de multiplicar non hai mellor cousa que xogar. 
Animádevos a facelo con este xogo tan ben explicado!



E hoxe xoves non esquezades que vos toca inglés no blog da teacher Fátima!
Preme na imaxe para acceder


miércoles, 29 de abril de 2020

martes, 28 de abril de 2020

CREANDO HISTORIAS

Joaquín Torres García dicía que o mellor xoguete para un neno é un anaco de barro, por iso propoñía materiais comúns da nosa vida como: o papel, o cartón, a chapa de ferro, as pedras... Para transformalos en arte.



O Instituto Valenciano de Artes Modernas (IVAM) propón unha actividade de creación de figuras a través do encartado de  cartolina ou cartóns de envases que teñamos por casa.







A partir deses personaxes propóñovos unha actividade para que poidades ir elaborando aos poucos, durante esta semana.

A actividade consistirá na creación dunha historia, conto, noticia...  Escrita en língua galega, seguindo os seguintes pasos :

* Realización dás figuras, o número dependerá da historia que querades contar, podedes seguir estas  instruccións para realizalos:
https://drive.google.com/file/d/1Al-qPvm2Dcwq_AVqYEleUvA6hrau__VH/view?usp=sharing

*Escribe unha historia na que eses personaxes que creaches forman parten dela, podes utilizar este esquema.
https://drive.google.com/file/d/1hlAuosPeHWMkqVOWGUOXB3jese6NvR9o/view?usp=sharing

*Crea composicións con  eses personaxes que che sirvan  de ilustración do teu conto.



* Mándame fotos ou vídeos do resultado para que poida compartir as vosas creacións.

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA BIBLIOTECA E EDLG

Hoxe, luns 27 de abril, non publico a  tarefa  desta semana porque o Equipo de Biblioteca e EDLG vos propón unha actividade moi chula para celebrar OS MAIOS
Animádevos a participar, o día de hoxe é para iso!



 Mañán publicarei as propostas para o resto  da semana!






jueves, 23 de abril de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA

Como xa pasou unha semana desde que vos propuxen o enigma de Einstein, agora toca ver a solución á que algún dos os vosos compañeiros/as. Eu xa sabía que a listos non hai quen vos gañe!





lunes, 20 de abril de 2020

MUNDO XURÁSICO

Hoxe comparto con todos/ as e a pedimento do seu autor, o noso compañeiro Fuco, a súa película, ambientada no  Xurásico e rodada durante o confinamento cos medios dispoñibles e a imaxinación e bo facer do seu director.

jueves, 16 de abril de 2020

WONDER II

Moitos de vós fixéstesme chegar o que vos gustou o primeiro capítulo do libro de  Wonder de  Raquel Palacios así que vos recomendo que cando poidades mercádelo e mentres podedes continuar a súa lectura na seguinte ligazón:

E ao rematar a lectura, correspondente a cada un dos protagonistas da historia, podedes facer as actividades que vos seleccionei da proposta orixinal do blogue  www.afiestradamestra.gal 




Resto de actividades sobre as personaxes 

E agora, mirade como algúns compañeiros e compañeiras imaxínanse a  August!









E máis das vosas achegas...






miércoles, 15 de abril de 2020

ARTE NA CASA

Nestes días nos que non debemos saír de casa para ter controlado ao coronavirus a moitos de nós a música, a lectura, a pintura, o cinema... 
Ademais de entreternos fannos un pouquiño máis felices, tanto, que algúns dos vosos compañeiros e compañeiras fixéronse artistas.
Fixádevos nas obras de arte que fixeron cunha foto deles mesmos Lucía e Dani!




ASTRO TRAPPIST-1

O outro día buscando tarefas  molonas para vós, atopei esta, que é unha proposta do blogue  http://www.afiestradamestra.gal/ 
Non nos deu tempo en clase a realizar un "Proxecto espacial" pero non vos preocupedes que se este curso non  podemos  desenvolvelo, farémolo se vos apetece, no próximo.
Mirade que interesante é o descuberto acerca deste astro e o seu sistema!

Lede con atención a noticia e despois facede as actividades propostas . 
https://drive.google.com/file/d/1mfZQPRLLSDzL2Ql5Y35cNvwSM5knYf53/view?usp=sharing

Lembrade que non é necesario que imprimades as follas, algunhas son actividades orais para que comentedes a noticia con alguén da vosa familia e as que son para realizar por escrito, podédelas contestar no voso caderno.

martes, 14 de abril de 2020

ENIGMA

Un enigma é unha frase ou cousa que ten un significado ou un sentido oculto e que é difícil de comprender ou interpretar.

Este que vos propoño resolver esta semana foi creado por Albert Einstein, un gran científico, se queredes saber máis del visitade esta ligazón:
https://www.mundoprimaria.com/ciencia-para-ninos/einstein-para-ninos.html

Podedes realizalo en familia! E avísovos que non é nada fácil, pero si, un bo exercicio de comprensión e lóxica para todos.





Podedes descargar o documento e imprimilo para manipular co xogo na seguinte ligazón






FICHAS REPASO MULTIPLICACIÓN


Sei que algún de vós acabastes a tarefa que estaba programada no libro de matemáticas e mentres non saibamos se debemos avanzar coa materia propóñovos na ligazón que vos deixo, fichas con exercicios para repasar as multiplicacións que podedes imprimir e realizar, ou ben facelos en papel directamente.
https://drive.google.com/file/d/1I7ariCZOAF39VI7eMvuYTC4_Bc8bEGsh/view?usp=sharing
Coma sempre, vos decidides cada día onde queredes traballar e de que maneira, pero recordade facelo a diario.

martes, 7 de abril de 2020

EXPERIMENTANDO II

O mundo científico está nunha carreira por conseguir a vacina contra este virus que nos mantén sen saír de casa, e eu estou moi contenta, porque vexo que eses científicos e científicas, poden ser no futuro, nenos e nenas da nosa clase.

Atentos! Experimentamos con...












E como eu creo que o agradecemento é unha virtude e unha boa forma de ir pola vida, quero dar as grazas a unha gran profesora e amiga, Ana  Valuja,  sen a cal este blog non sería posible. Afortunados que somos neste cole de tela de  profe !

MANDALA II

Lembrades o  mandala de Anna Llenas que vos propuxen para  colorear?
Mirade algunhas das versións dos vosos compañeiros e compañeiras!




E estas compañeiras compártennos estes da súa propia elección!




 E Xiana quere nos manda as fotos dos mandalas da súa bisa que son nivel experta!



lunes, 6 de abril de 2020

DESAPRENDER II

Na primeira entrada a este blogue pedinvos que investigásedes porqué elixín este nome e non outro. Eu xa sabía que só era cuestión de tempo que désedes coa resposta adecuada. Pero mira que sodes listos e  ben sintonizados con esta  profe!






RECEITAS DE CORENTENA II

Estou convencida que deste confinamento nas nosas casas imos sacar moitas cousas positivas e algún que outro quilo de máis..
Miúdas cociñeiras e cociñeiros están a saír á luz!
Moitas grazas a Sofía e a súa familia por esta deliciosa receita de galletas de avea.



viernes, 3 de abril de 2020

SEMANA SANTA

Esta entrada é para lembrarvos que a partir de mañá e ata o 14 de abril estamos de vacacións de Semana Santa e por tanto non vos propoñerei novas tarefas ata que este período finalice.
Gozade todo o que poidades destas vacacións tan caseiras!

Por certo se vos gustou esta imaxe que acabo de facer para vós Por que non vos animades a probar e facer as vosas propias na seguinte ligazón? É moi fácil!
https://wordart.com/

jueves, 2 de abril de 2020

MANDALAS

Os  mandalas teñen a súa orixe na India e a palabra significa círculo ou aquilo que rodea a un centro.  

Visualmente trátase dun conxunto de figuras xeométricas que adoitan representar as características do universo e utilízanse desde hai séculos como punto para concentrar a meditación.

Nos últimos tempos os expertos déronse conta de que ademais dun símbolo espiritual e ritual, tamén poden utilizarse na educación dos nenos xa que teñen múltiples beneficios:

* Axuda ao neno para potenciar a súa capacidade de atención e concentración.

* Fomenta o control e o dominio do corpo, sobre todo da  motricidad fina o que favorece a capacidade de escritura, debuxo, de manipular obxectos...

* Desenvolve a paciencia:  colorear un  mandala require de tempo, tranquilidade e, sobre todo, paciencia para ir dando cor ás múltiples formas e figuras do seu interior.

* Estimulan a creatividade e a imaxinación do neno.

* Axudan á formación da intelixencia e o razoamento.

Baixa o nivel de tensión, ademais durante o tempo que o neno pinta un  mandala pódeselle poñer música de fondo para que o efecto relaxante e  calmante sexa aínda maior.

* Anima aos nenos para superar retos e desafíos.

Vendo todos os beneficios que podemos obter  coloreando  mandalas, que vos parece facelo con este creado pola gran ilustradora Anna Llenas? 
Ademais nos serve de recoñecemento ao labor que tantos profesionais están a realizar por nós e en contra do "coroa malo".

FRACCIÓNS

A semana antes de irnos para casa a traballar, estivemos a aprender que era iso das fraccións, aquí tedes un vídeo para manipular fraccións con  regletas, as miñas quedáronme en clase pero sei que moitos de vós tédelas en casa, os que non, vede a explicación igual porque vos vai axudar a entendelo mellor.




Tamén vos deixo unha pequena "costeleta" en papel para repaso.



E para non esquecernos,  que vos parece se practicades con este caderno? Podedes imprimilo se o queredes ou facer os exercicios no voso de matemáticas e cando os acabedes, podédesme mandar situacións da  vida normal nas que utilizamos as fraccións?



miércoles, 1 de abril de 2020

RECEITAS DE CORENTENA

A semana pasada pedíavos que compartísedes as vosas habilidades na cociña. 

Sabemos por cando estudamos os tipos de alimentos que da súa boa elección á hora de alimentarnos, vai depender tanto a nosa saúde actual como a futura, e se algo me deixastes claro, é que a lección a tedes ben aprendida. 

Mirade que receitas máis ricas e que cociñeiros e cociñeiras tan preparados temos! Moitas grazas pola vosa colaboración familias! Sen vós todo isto sería imposible!






E aínda por riba,  Fixádevos que vídeo mais chulo mandounos Dani!