jueves, 2 de abril de 2020

FRACCIÓNS

A semana antes de irnos para casa a traballar, estivemos a aprender que era iso das fraccións, aquí tedes un vídeo para manipular fraccións con  regletas, as miñas quedáronme en clase pero sei que moitos de vós tédelas en casa, os que non, vede a explicación igual porque vos vai axudar a entendelo mellor.




Tamén vos deixo unha pequena "costeleta" en papel para repaso.



E para non esquecernos,  que vos parece se practicades con este caderno? Podedes imprimilo se o queredes ou facer os exercicios no voso de matemáticas e cando os acabedes, podédesme mandar situacións da  vida normal nas que utilizamos as fraccións?



2 comentarios:

  1. Ola outra vez.. son Uxía. Non son capaz de entrar na páxina que propós das fraccións.. unha vez asignada unha direción de email, logo toda a ifo que aparece é en inglés.. non me entero.. non dou chegado ás fraccións..

    ResponderEliminar
  2. Ola Uxía!
    Penso que xa teño arreglado o problema coa descarga!
    Intentádeo de novo!

    ResponderEliminar