Os mandalas teñen a súa orixe na India e a palabra significa círculo ou aquilo que rodea a un centro.
Visualmente trátase dun conxunto de figuras xeométricas que adoitan representar as características do universo e utilízanse desde hai séculos como punto para concentrar a meditación.
Nos últimos tempos os expertos déronse conta de que ademais dun símbolo espiritual e ritual, tamén poden utilizarse na educación dos nenos xa que teñen múltiples beneficios:
* Axuda ao neno para potenciar a súa capacidade de atención e concentración.
* Fomenta o control e o dominio do corpo, sobre todo da motricidad fina o que favorece a capacidade de escritura, debuxo, de manipular obxectos...
* Desenvolve a paciencia: colorear un mandala require de tempo, tranquilidade e, sobre todo, paciencia para ir dando cor ás múltiples formas e figuras do seu interior.
* Estimulan a creatividade e a imaxinación do neno.
* Axudan á formación da intelixencia e o razoamento.
* Baixa o nivel de tensión, ademais durante o tempo que o neno pinta un mandala pódeselle poñer música de fondo para que o efecto relaxante e calmante sexa aínda maior.
* Anima aos nenos para superar retos e desafíos.
Ola rpfe.. Son Uxía, nai de Fuco.. non temos impresora; pero como eu son forofa das mandalas, fará unha das que temos..
ResponderEliminarmoitísimas grazas polo traballo tan fermosos que lles propós.. tamén decirte que se todos son como o meu.. Virxesantavendita!!! a paciencia que tes.. grazas, grazas, grazas..
Jajaja! Grazas a ti por facerme rir en luns!
ResponderEliminar