Iniciamos unha nova proposta que desenvolveremos ao longo das próximas semanas.
“O Mar no Camiño” é un proxecto de FUNDAMAR (Fundación para a pesca e o marisqueo) que ten por obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de difusión da cultura mariñeira, en centros educativos, ao longo
do Camiño de Santiago, e que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.
O Camiño de Santiago é un roteiro que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, normalmente faise a pé pero nesta ocasión realizarémolo virtualmente por mar.
A través do conto pararemos en diferentes localidades mariñeiras e propoñerállenos a realización dunha manualidade feita coa técnica da papiroflexia, realizarémolas todas e gardaremólas para cando rematemos a viaxe compoñer unha exposición das vosas obras de arte con todas elas no cole.
No relato do conto, presta hoxe especial atención á personaxe protagonista, a vieira Migueliña e contesta as seguintes preguntas e despois investiga:
Proposta artística: elaboración de cunchas de vieira coa técnica de origami, onde cada un de vós elaborará varias con follas de papel cadrado seguindo a demostración do vídeo e executando os pregues un a un.
Co conxunto de todas as cunchiñas, procédese ó pegado nunha cartolina, imitando a parede da ermida investigada, empezando por orde ascendente de abaixo a arriba, facendo liñas de esquerda a
dereita.
*E como todas as semanas clicando sobre a ligazón accederedes ao traballo en fichas para esta semana:
No hay comentarios:
Publicar un comentario