Este curso termina e nel non nos dará tempo a acabar o traballo que empezamos coas propostas do material de FUNDAMAR sobre "O mar non camiño". Se vos apetece ver ou facer máis cousas das que eles propoñen podedes visitar a súa web
A xarda é un peixe que vive preto de nós propóñoche que investigues sobre el; e non te esquezas que na familia ás veces tedes as mellores fontes de investigación.
E chegou o momento da arte do origami, o teu produto final deberá ser algo parecido a isto:
A semana pasada expúxenvos un problema cunha factura nunha pizzería... Acordádesvos? Faltaban datos para resolvelo, que vós debiades inventarvos. Algúns compañeiros fixérono de forma xenial elaborando os importes dos platos da carta.
Nesta corentena a Dani e Lucía entre outras cousas deulles por escribir historias, descricións redaccións, contos... Mándanmas para que as comparta con todos vós.
Animádevos a escribir e mandarme as vosas!
E a Dani aínda lle queda tempo para facer mega- quebracabezas en familia!
Hoxe toca repasar as táboas de multiplicar pensando, o seguinte cadro úsase para escribir os produtos, desde 1x1 ata 10x10. Anota os números que deben estar onde están os signos de interrogación.
Agora que repasastes as táboas buscade todas as multiplicacións que corresponden a cada resultado. Fixádevos no exemplo.
Hoxe é xoves e tedes a tarefa de inglés no blog da teacher Fátima.
Iniciamos unha nova proposta que desenvolveremos ao longo das próximas semanas.
“O Mar no Camiño” é un proxecto de FUNDAMAR (Fundación para a pesca e o marisqueo) que ten por obxectivo o desenvolvemento de obradoiros de difusión da cultura mariñeira, en centros educativos, ao longo
do Camiño de Santiago, e que conta co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.
O Camiño de Santiago é un roteiro que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, normalmente faise a pé pero nesta ocasión realizarémolo virtualmente por mar.
A través do conto pararemos en diferentes localidades mariñeiras e propoñerállenos a realización dunha manualidade feita coa técnica da papiroflexia, realizarémolas todas e gardaremólas para cando rematemos a viaxe compoñer unha exposición das vosas obras de arte con todas elas no cole.
No relato do conto, presta hoxe especial atención á personaxe protagonista, a vieira Migueliña econtesta as seguintes preguntas e despois investiga:
Proposta artística: elaboración de cunchas de vieira coa técnica de origami, onde cada un de vós elaborará varias con follas de papel cadrado seguindo a demostración do vídeo e executando os pregues un a un.
Co conxunto de todas as cunchiñas, procédese ó pegado nunha cartolina, imitando a parede da ermida investigada, empezando por orde ascendente de abaixo a arriba, facendo liñas de esquerda a
dereita.
*E como todas as semanas clicando sobre a ligazón accederedes ao traballo en fichas para esta semana:
Hai dous retos. O reto +, é un reto máis complicado só para os máis atrevidos/as!
E aínda que non é necesario, pódense baixar as fichas, ben para imprimilas e utilizalas ou simplemente para ver como deben resolverse os dous retos, pois dan unha pista visual de como facelo.
Esta semana a nosa compañeira Sofía facíanos chegar esta preciosa actividade realizada co seu nome e o dos seus irmáns Mateo e Lucas. Que vos parece se nos animamos e realizámola cada un co seu nome para despois compartilo?
Lembrades a actividade que vos propuxen a semana pasada de elaborar unha historia, conto, noticia...Con personaxes realizados con papel encartado?
Pois hoxe toca ver as marabillosas creacións dos vosos compañeiros/ as!
Esta historia de animais "parlantes" é de Naroa.
Sofía creou esta nova para compartir connosco!
Mirade tamén a historia creada por Óscar!
E ista é a de Tania!
E a continuación a historia de Daniela
Parabéns! Eu xa miro por aquí aos cineastas e escritores do futuro! Moitas grazas tamén as familias-cámara pola súa complicidade!
Aviso importante para todos/as!
Aínda que vos dixen que teríades tarefa de inglés os martes e xoves ao final a teacher Fátima díxome que estaba equivocada(eu). Serán os xoves de cada semana cando deberedes realizar a tarefa de inglés!😅