domingo, 3 de mayo de 2020

NÚMEROS NA CASA

Os números e as matemáticas forman parte da nosa vida. Nesta actividade propóñoche que adestres a túa vista para atopalos no teu ao redor.

Ademais hoxe luns propóñovos o traballo a través de fichas nas áreas de lingua castelá, lingua galega e matemáticas distribuídas por días da semana para os que preferides esta forma de traballo. 
Lembrade que os martes e xoves tamén teredes tarefa en lingua inglesa!

jueves, 30 de abril de 2020

TRES EN RAIA

Para aprender e repasar as táboas de multiplicar non hai mellor cousa que xogar. 
Animádevos a facelo con este xogo tan ben explicado!



E hoxe xoves non esquezades que vos toca inglés no blog da teacher Fátima!
Preme na imaxe para acceder


miércoles, 29 de abril de 2020

martes, 28 de abril de 2020

CREANDO HISTORIAS

Joaquín Torres García dicía que o mellor xoguete para un neno é un anaco de barro, por iso propoñía materiais comúns da nosa vida como: o papel, o cartón, a chapa de ferro, as pedras... Para transformalos en arte.



O Instituto Valenciano de Artes Modernas (IVAM) propón unha actividade de creación de figuras a través do encartado de  cartolina ou cartóns de envases que teñamos por casa.







A partir deses personaxes propóñovos unha actividade para que poidades ir elaborando aos poucos, durante esta semana.

A actividade consistirá na creación dunha historia, conto, noticia...  Escrita en língua galega, seguindo os seguintes pasos :

* Realización dás figuras, o número dependerá da historia que querades contar, podedes seguir estas  instruccións para realizalos:
https://drive.google.com/file/d/1Al-qPvm2Dcwq_AVqYEleUvA6hrau__VH/view?usp=sharing

*Escribe unha historia na que eses personaxes que creaches forman parten dela, podes utilizar este esquema.
https://drive.google.com/file/d/1hlAuosPeHWMkqVOWGUOXB3jese6NvR9o/view?usp=sharing

*Crea composicións con  eses personaxes que che sirvan  de ilustración do teu conto.



* Mándame fotos ou vídeos do resultado para que poida compartir as vosas creacións.

lunes, 27 de abril de 2020

PROPOSTA BIBLIOTECA E EDLG

Hoxe, luns 27 de abril, non publico a  tarefa  desta semana porque o Equipo de Biblioteca e EDLG vos propón unha actividade moi chula para celebrar OS MAIOS
Animádevos a participar, o día de hoxe é para iso!



 Mañán publicarei as propostas para o resto  da semana!






jueves, 23 de abril de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA

Como xa pasou unha semana desde que vos propuxen o enigma de Einstein, agora toca ver a solución á que algún dos os vosos compañeiros/as. Eu xa sabía que a listos non hai quen vos gañe!





lunes, 20 de abril de 2020

MUNDO XURÁSICO

Hoxe comparto con todos/ as e a pedimento do seu autor, o noso compañeiro Fuco, a súa película, ambientada no  Xurásico e rodada durante o confinamento cos medios dispoñibles e a imaxinación e bo facer do seu director.